Memoria social 2020

Espazocoop asocia a máis de 210 empresas cooperativas e a 2.570 cooperativistas, que se sitúan dentro dunha cultura de traballo basada nos valores e principios cooperativos, nunha xestión democrática, e nas persoas. Conta ademais, con 2 sectoriais, a Sectorial de Cooperativas de Ensino e a Sectorial de Cooperativas do ámbito Cultural, e ten abertas 3 oficinas en Galicia: na Coruña, Santiago e Vigo.

A Memoria da xestión social 2020 dá conta da actividade desenvolvida e da xestión económica, destacando áreas de traballo como:

1| A difusión e promoción do cooperativismo: con máis de 700 beneficiarias, 18 entidades colaboradoras e 20 actividades ou intervencións.

2| A creación e consolidación de cooperativas: con 95 proxectos pre-cooperativos atendidos, 22 cooperativas constituídas, 51 empregos cooperativos, e 209 beneficiarias no ámbito do emprendemento.

En canto á consolidación de cooperativas en funcionamento, con máis de 900 beneficiarias, destacan por un lado, os programas de intercooperación entre organizacións que buscan colaborar, creando alianzas e xerando negocio; e por outro lado, o asesoramento, mentoring, acompañamento e a formación ás empresas cooperativas, a través de distintos programas da Unión que procuran o seu crecemento e desenvolvemento empresarial.

3| Representatividade e influencia política: as relacións institucionais, con axentes sociais, redes e colaboradoras, destacaron por traballar as demandas da base social e do sector cooperativo, e representar a socias e ao cooperativismo en xeral,a participación en máis de dez xuntanzas con distintas consellerías, a sinatura de varios convenios de colaboración, a participación nas redes nas que participa entre elas o Foro pola Economía Social Galega, o Consello Galego de Cooperativas, Reas Galicia…, a xuntanza coa Ministra de Traballo e Economía Social, son algúns dos fitos en 2019.

4| Comunicación: segue implementando medidas dos plans establecidos, e con presenza continuada en distintas canles.

Facendo clic no enlace podes descargar a MEMORIA 2020