Plan operativo de implantación de ODS para o impulso do emprendemento na economía social

 

EspazoCoop no marco do Proxecto ES-Factory (Rede de aceleradoras da economía social para impulsar e consolidar as actividades nas novas economías emerxentes), elaborou un Plan Operativo de Implantación de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para o Impulso do Emprendemento na Economía Social.

 

 

Con este Plan resáltase a importancia da implantación dos ODS nas entidades de Economía Social, moitas empresas seguen a considerar que a sostibilidade é unha obriga que deberán ir asumindo cos avances no desenvolvemento normativo ou unha serie de medidas que favorecen a mellora da imaxe que proxectan socialmente.

Porén, a implantación dos ODS nas Entidades de Economía Social (EES) supón múltiples beneficios. Coñecelos permite orientar o proceso de escolla dos obxectivos e prioridades, incrementando a implicación da entidade na aplicación dos plans e medidas de mellora. Este Plan destaca que entre os beneficios directos atopamos:

  • Oportunidades de innovación
  • Novas oportunidades de mercado
  • Análise de riscos e anticipación
  • Incrementar a rendabilidade e reducir custos
  • Incrementar a competitividade
  • Acceso a financiamento
  • Cumprimento normativo
  • Mellorar a relación con terceiros e axentes chave
  • Desenvolvemento do capital humano e sentimento de pertenza
  • Mellora da reputación
  • Incrementar a resiliencia da entidade

Para coñecer este recurso e saber como é o proceso de implantación dos obxectivos de desenvolvemento sostible nunha empresa de economía social, pódese acceder ao Plan completo neste enlace

Ademais o Plan conta con esta ferramenta de uso preme aquí, pensada para crear un plan de ODS.

O Plan Operativo de Implantación dos ODS foi elaborado pola cooperativa Dalle que Dalle en coordinación e baixo a dirección da Unión de Cooperativas EspazoCoop.


INICIATIVA NO MARCO DO PROGRAMA:

Proxecto 0259_ES_Factory_1_E que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027

—-