Oferta de emprego:

A cooperativa NÚMAX busca un Desenvolvedor/a web

NUMAX é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo lucro. Ten dúas áreas enfocadas ao público, o Cinema e a Libraría, e unha terceira, o Laboratorio, que ofrece servizos profesionais de produción e posprodución de vídeo, deseño (enfocado en identidade gráfica, deseño editorial e web) e desenvolvemento web. Os proxectos nos que traballamos son principalmente de carácter público e institucional, ligados aos ámbitos da educación, a transformación social, a cultura en xeral e o cinema en particular.

Ademáis da nosa clientela, tamén fornecemos destes servizos ao resto da cooperativa.

Que precisamos
Buscamos unha desenvolvedora ou desenvolvedor web para incorporarse ao noso equipo de traballo do Laboratorio. Con esta incorporación queremos mellorar a nosa capacidade de resposta ante a clientela e o mantemento do seus
proxectos, e ser capaces de asumir unha maior carga de traballo e proxectos de maior envergadura.

A persoa que se incorpore ao equipo encargarase do desenvolvemento e mantemento de aplicacións web (en Laravel, Symfony, Sylius), e o desenvolvemento e mantemento dalgunhas webs en WordPress.

Os coñecementos que nos gustaría que tivera a persoa a incorporar son

Programación con algunha linguaxe orientada a obxectos. Idealmente tendo algunha experiencia con PHP e Javascript.
Traballo e xestión de bases de datos relacionais.
Traballo co sistema de control de versións Git.

Outros aspectos que valoramos

Interese pola economía social e solidaria e os modelos empresariais alternativos como as cooperativas de traballo asociado.
Interese por traballar con boas prácticas de programación e arquitecturas software (TDD, SOLID, Arquitectura Hexagonal).
Interese no desenvolvemento frontend.

Que ofrecemos

Contrato indefinido a xornada completa.
Salario bruto anual: 17.500 € – 19.500 €.
Posibilidade de traballo en remoto ata 3 días da semana. Resto da xornada desde as nosas oficinas en Santiago de Compostela.
Flexibilidade horaria.
Orzamento para formación.
Vantaxes no acceso aos produtos e servizos que comercializa a cooperativa.

Posibilidade de incorporación como socia a proba da cooperativa. Como cooperativa de traballo asociado que somos, o obxectivo é que todas as traballadoras pasen a ser socias para formar parte da toma de decisións do proxecto. É un dereito de toda traballadora da cooperativa solicitar a súa incorporación no momento que o desexe.

Como candidatarse

Enviando CV e carta de presentación antes do 10 de xullo a través deste formulario.

Oferta neste enlace