Formacións para Mellora das Competencias no eido laboral

A cooperativa 50pés Consultoras, socia da Unión, lanza unha nova formación presencial de 2 encontros para axudar a mellorar as competencias no eido laboral cun desconto especial do 20% para entidades asociadas a EspazoCoop.

 

 

24/04/2023 de 16:30-19:30 presencial – Educación financeira e fiscal para novat@s
Adquirir coñecementos económicos e burocráticos para o desenvolvemento no mundo laboral e para facer unha xestión eficiente en base as necesidades do posto de traballo . Planificación económica, educación fiscal, educación financeira, interpretar unha nómina, calcular un orzamento, …

8/05/2023de 16:30-19:30 presencial – Traballar en equipo poñendo ás persoas no centro
Coñecer que é un grupo, como funciona, cal é o teu papel e como podes contribuir ao seu benestar e eficacia. Entender as diferentes áreas que afectan ao traballo en equipo: creatividade, toma de decisións, comunicación, xestión das diferenzas e conflito e cohesión grupal.

Campus Stellae, pz da Quintana, 3. Santiago de Compostela.

✳ Prezo:
60 € / Obradoiro (agora 48 € para asociadas a EspazoCoop)
100 € / Os 2 obradoiros (agora 80 € para asociadas a EspazoCoop)

✒  Inscricións: https://acortar.link/oBJ8op