CATRO VENTOS EDITORA, cooperativa que edita libros, fainos partícipe do seu Catálogo de Publicacións actualizado dando conta das obras realizadas no 2020.

Por outra parte, tamén nos trasladan información sobre a máis recente novidade: Setenta ideas para a (pos)pandemia.

Unha reflexión arredor do novo escenario mundial.
A chegada imprevista da COVID-19 a unha sociedade que se pensaba intocable supuxo e supón un novo paradigma vital caracterizado por un contexto imprevisible e descoñecido. Conscientes da necesidade de aproveitar a nova realidade para cambiar a nosa maneira de relacionarnos e interactuar co mundo, este libro recompila as reflexións de Manuel Fernández Blanco, Pilar García Negro, María Xesús Nogueira, Manuel Outeiriño, Fernando Ramallo, Francisco Sampedro Ojeda e Iolanda Teixeiro Rei sobre cara a onde nos diriximos, que podemos esperar destes novos «tempos interesantes» e como podemos abordalos con suxestións e decisións concretas.

Unha escolma de ideas e pensamentos en voz alta que esperamos e sabemos que será punto de partida para motivar debates interesantes, suscitar polémicas e dar pé a propostas necesarias de mellora que acheguen refachos de cambio.

 

Ademáis, informan que lanzarán un lote co nome de Ecográfica, o cal permite acceder a tres dos seus títulos con maior carácter divulgativo cun desconto especial.

 

Por último, non esquezades que EspazoCoop e as cooperativas que forman parte da mesma, teñen acceso a un código de desconto do 10 %. 

A través de súa páxina web podes facerte con estas e outras publicacións ou tamén conseguilas nalgún dos puntos de venda que nos suxiren.

Catro Ventos publican libros sobre consumo responsable, dereitos humanos, ecoloxía, economía social, ou crianza alternativa, trátase dunha editorial diferente e especializada que non deixa de ofrecernos interesantes novidades.