Guía | Modelos de xestión societaria en cooperativas

Esta guía é unha colección de distintos modelos para a xestión societaria en empresas cooperativas. Quere ser unha ferramenta que axude ás cooperativas a entender, documentar e formalizar distintos
trámites de obrigado cumprimento e ten como obxectivo:
– Axudar na boa gobernanza da cooperativa.
– Axudar a comprender e aplicar as normas que regulan o funcionamento da cooperativa.
– Axudar na correcta realización de trámites e procesos documentais, establecidas na normativa vixente.

Cada situación de xestión societaria plantexada na guía conta con tres partes:
– Regulación: que di a normativa sobre ela?.
– Procedemento: cales son os pasos a dar?.
– Modelo de escritos ou documentos para unha correcta xestión da situación.

Descargar: Colección de Modelos, Xestión Societaria en Cooperativas.

Esta guía foi elaborada pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop en Decembro 2020.

Acción realizada no marco da programación da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada dende a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para fomentar o cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.