Xornadas de emprendemento social e rexenerativo [Medatlantia s. coop. galega]

Dende Medatlantia Consultoría Europea, S. Coop. Galega convidan a participar nas Xornadas de “Emprendemento Social” e “Emprendemento Rexenerativo” organizadas polo Concello da Coruña e nas que estan a colaborar, previstas para os días 29 e 30 de Novembro. Ditas xornadas abordarán temáticas relacionadas coas diferentes realidades do emprendemento, as redes que o compoñen e o impacto da economía circular á hora de emprender.

XORNADA 1. EMPRENDEMENTO SOCIAL: MÁIS FORTE, MÁIS VERDE E MÁIS INCLUSIVO.

Obxectivo: Tecer redes e coñecer diferentes realidades dentro do emprendemento. Fórmulas como o cooperativismo que permite que persoas máis vulnerables non só accedan ao mercado laboral senón que xeneren máis valor social. Tamén se darán a coñecer diferentes recursos e oportunidades para o emprendemento.

Lugar: Espazo Accede Papagaio, luns 29 de novembro 2021.

Horario: 10-14 h.

 

XORNADA 2. HACKATON DE EMPRENDEMENTO REXENERATIVO: A CORUÑA CIRCULAR.

Obxectivo: Introducir o concepto da economía circular e convertir retos como a mobilidade urbana, o comercio local, ou o desperdicio alimentario (entre outros) en oportunidades, cocreando e prototipando solucións innovadoras e creativas.

Lugar e día: Espazo Accede Papagaio, martes 30 de novembro.

Horario: 10-18 h.

Se estás interesada/o en emprender ou tes algunha idea que queiras desenvolver e que de resposta a algún dos retos da Coruña e a súa contorna dende un enfoque social, rexenerativo ou circular, este é o teu lugar!

Prégase inscripción previa no seguinte correo electrónico antes do vindeiro 26 de novembro: proyectos@medatlantia.eu