A Cooperativa Ardora achéganos información sobre esta interesante actividade, programada para o vindeiro 9 de outubro, que están a organizar para o Concello de Redondela.
A xornada celebrarase o xoves 9 de outubro, en quenda de tarde (a partires das 17:00hs) no Museo Meirande de Redondela. O programa é moi variado e inclúe a estrea do audiovisual “O choco, baixo as ondas de San Simón”, varios relatorios en torno aos recursos mariños, un bodegón- degustación e unha exposición gráfica.
As persoas interesadas poden inscribirse premendo nesta ligazón.
Pódese consultar o programa premendo aquí.