icoopera, un programa de promoción do cooperativismo :
«Impulsando a I+D+i, a dinamización de Redes, e o estímulo da utilización das TIC, nas Cooperativas de Galicia»

É unha iniciativa promovida pola Consellería de Traballo e Benestar que ten por obxecto impulsar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, a dinamización de redes, e o estímulo da utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións, nas cooperativas de Galicia. Ofrécese, gratuítamente, a través del:

Asesoramento, formación e divulgación.

Desenvolvemento de programas de I+D+i.

Programas de inmersión nas TIC.

Celébrase unha xornada informativa o mércores 27 de maio de 2015 ás 11 h. en Pontevedra:

Pazo da Deputación. Salón de Actos do Edificio Administrativo
Avd. Montero Ríos, s/n – 36071 Pontevedra

Preme aquí para inscribirte á xornada informativa.

Contacto:
Se desexa participar nesta iniciativa ou precisa de máis información sobre este programa:
Teléfono 981 552 059 – info@innovacioncooperativas.coop