Unha delegación de EspazoCoop asiste en Málaga ao evento de Bluedots: Economía Azul, Dixital, e Social
Unha delegación de EspazoCoop con outras entidades galegas asisten en Málaga ao evento internacional “Economía Azul Dixital e Social: Transición Sostible e Oportunidades de Innovación” os días 22 e 23 de maio, no marco do proxecto Bluedots de Coceta.
Este encontro único está deseñado para impulsar o desenvolvemento da economía azul a través da dixitalización e a innovación social, promovendo modelos de negocio máis inclusivos, sostibles e competitivos.
Bluedots Blue Economy Digital Opportunities for Social Economy Transition, está desenvolvéndose por Coceta en colaboración con outras entidades de Italia, Irlanda, Bélgica e Polonia e cuxo obxectivo principal é impulsar a innovación dixital nas pemes da Economía Social que actúen na Economía Azul, fomentando así unha transición máis fluída e rápida desta economía cara modelos máis intelixentes, sostibles e inclusivos.
O proxecto financia a máis de 40 cooperativas formación e asesoramentos para levar a cabo a súa transformación dixital e que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Economía Azul particularmente en áreas como o turismo azul costeiro, biotecnoloxía azul (produción sostible de microalgas, bacterias e fungos), educación medio ambiental, pesca e produción de alimentos, GIZC e MSP (xestión integrada de zonas costeiras e ordenación do espazo marítimo), e xestión de lixo mariño.
O evento de Málaga os días 22 e 23 de maio, é parte da formación e asesoramento do proxecto Bluedots, que posibilitará coñecer outras experiencias prácticas, atopar oportunidades de colaboración e descubrir ferramentas dixitais innovadoras que sexan útiles para as cooperativas.
Cun programa dinámico e práctico, o evento reunirá a representantes de cooperativas, pemes, institucións públicas e privadas, así como a expertos en tecnoloxía e sustentabilidade, para explorar as oportunidades que ofrece a dixitalización en sectores crave da economía azul, como a pesca, o turismo costeiro e a biotecnoloxía mariña.
Programa do evento Bluedots, Málaga, neste enlace
O obxectivo é fomentar a colaboración transnacional e o intercambio de boas prácticas entre os principais actores de toda Europa, promover a sustentabilidade e a inclusión social na transición cara a un modelo económico máis dixital e respectuoso co medio ambiente, e facilitar o acceso a ferramentas, coñecemento e redes de colaboración que impulsen a transformación do sector.
Desde talleres e citas rápidas ata unha inspiradora visita en barco por Fuengirola para aprender sobre prácticas sostibles, este evento é unha oportunidade única para aprender, conectar e contribuír ao futuro da economía azul.
Durante dous días, a delegación de Galicia formada por 12 entidades da economía social asistirán ás actividades das xornadas de Bluedocts, participando unha importante representación do ámbito da economía azul da comunidade, cooperativas, asociacións, fundacións e confrarías :
- Ardora Formación y Servicios S. Coop. Galega
- Teixugo S.Coop. Galega
- Cuarzo Verde S. Coop. Galega
- Tagen Ata S. Coop. Galega
- Unión de Cooperativas EspazoCoop
- Fundamar
- Confraría de Pescadores Santiago Apostol
- Asociación de Redeiras O Fieital
- Asociación Cultural Mulleres do Mar de Poio
- Asociación Irmandade Illa de Tambo
- Confraría San Telmo Pontevedra
- Asociación Illa da Estrela de Corme
Máis información sobre Bluedots na web do proxecto: Bluedots Project – Diesis
Leave A Comment