O pasado sábado 23 de xuño UGACOTA celebrou a Asemblea xeral ordinaria do ano 2012. A asemblea tivo lugar na antiga reitoral de Moreira (Ponteareas), na contorna da Cooperativa Madeireira San Martín de Moreira, socia da Unión.

Na orde do día da Asemblea tratáronse diversos asuntos:

Presentáronse as actividades realizadas ao longo do ano 2011 e resolvéronse as dúbidas respecto delas. Presentáronse as contas do ano 2011, e deuse lectura ao informe da intervención de contas,que rematou coa aprobación das contas da Entidade. Expúxose a proposta de plan de xestión para o anos 2012: actividades, funcións a abordar e orzamento, a proposta tamén foi aprobada.

Cumpríase o prazo de tres anos de duración dos cargos de representación no Consello Reitor e Intervención de Contas da Entidade, polo que se procedeu á elección destes cargos, quedando os órganos de representación conformados como sigue:

Presidencia: Purificación Alfonso, da Cooperativa Ardora, S.Coop.Galega

Vicepresidencia: Celso Gándara, da Cooperativa Algalia, S.Coop.Galega

Secretaría: Ana Rosa Lorenzo, da Cooperativa Cidadanía, S.Coop.Galega

Vogais:

1 María Sánches, da Cooperativa Tagen Ata S.Coop.Galega

2 Arturo Montaos, da Cooperativa nova Aseconia, S.Coop.Galega

3 José Angel González, da Cooperativa Madeireira San Martín de Moreira, S.Coop.Galega.

4 Susana Soto, da Cooperativa Teixugo, S.Coop.Galega

Interventor de Contas: Juan Gómez, da Cooperativa Xedega, S.Coop.Galega

 

O programa de actividades do día incluíu, amais da celebración da Asemblea, un xantar de confraternización e, tralo xantar, unha visita guiada ás instalacións da cooperativa anfitriona, Madeireira San Martiño de Moreira.