O 3 de decembro, na sección Blog Inspira de Eldiario.es, tiñamos a oportunidade de coñecer o traballo da Cooperativa Trespès. Dende fai catro anos, Alberto, Paulo e Tania veñen traballando, realizando proxectos culturais, ambientais e de dinamización do territorio.
Convidámosvos a ler a nova completa .
E lembrámosvos que podedes coñecer de primeira man un dos seus traballos o vindeiro 7 de decembro, na Feira Culturgal, presentado o documental “Por que non cantades Todas“, ou seguir a evolución do proxecto “En todas as mans“, proxecto audiovisual sobre os montes veciñais en mancomún.