O xoves 29 de novembro a cooperativa ACORDA, socia da Unión, celebra a Xornada Informativa ‘Todo o que debes saber sobre o RXPD’ na Casa da Xuventude de Vigo, na Rúa López Mora, 31, ás 18.30 horas.

 

As asociadas estades convidades a participar, o acceso é libre e gratuíto. Cartel e Programa Aquí

Acorda s. coop. galega infórmanos por que ten interese esta xornada sobre o novo Regulamento de Protección de Datos?:

“Todas as organizacións que están dentro da Unión Europea e que operan con cidadáns desta área xeográfica están suxetas ao control do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Estas teñen que garantir a privacidade de todas as persoas físicas e establecer de forma clara como o van facer, podendo demostrar sempre que obtiveron consentimento da persona tratada para gardar os seu datos, que explicitaron como van a protexer ditos datos e que rexistraron tamén cal será a finalidade do seu uso. Todo elo, implica un maior compromiso das empresas e demais entidades coa protección de datos.

Para adaptarse aos novos requisitos establecidos por este Regulamento e asegurar así o cumprimento nesta materia, o máis seguro é que a túa organización deba someterse a determinados cambios, xa que do contrario verase exposta a elevadas sancións, multas e outros problemas añadidos como o da reputación. En concreto, a sanción pode alcanzar ata 20 millóns de euros ou o 4% da facturación da organización, a cantidade que sexa maior. Recordemos que o obxetivo último desta reforma é, en definitiva, protexer os dereitos de todas as persoas consumidoras, é dicir, datos persoais.

A través desta xornada informativa preténdese que da forma máis práctica posible as persoas asistentes identifiquen os conceptos básicos para comprender a materia, cumpran coas obrigas formais e requisitos establecidos na norma, coñezan os dereitos dos usuarios e usuarias, as medidas de seguridade que deben aplicarse, así como as infraccións e sancións por su incumprimento.”