Dende a cooperativa Tagen Ata preséntannos a súa oferta de cursos, gratuítos ou a prezo axustado, para comezar o outono formándonos. Baixo o lema “motívate aprendendo”, convídannos a coñecer a oferta formativa que propoñen.

Nesta programación inclúen cursos de redacción para a Internet, actualización inglés-galego, prevención de riscos laborais no ámbito das TIC’s, formación para docentes de teleformación, protección de datos e edición de imaxe e vídeo en software libre.

Para máis información, visita a súa páxina web: http://formacionenrede.com