SOMOS COOP, SOMOS TOP!
Pon en valor o impacto das cooperativas
Imaxe: A Panadaría S. Coop. Galega e Rexenerando S. Coop. Galega
A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten dispoñible para cooperativas socias e outras cooperativas galegas, os materiais promocionais dixitais da Campaña SOMOS COOP, SOMOS TOP!
Con este kit dixital podedes comunicar e visibilizar que pertencedes á gran familia das cooperativas galegas, presumir de cooperativa e mostrar a vosa condición de empresa con valores.
O KIT está ao voso dispor, cos logotipos que teñen distintos formatos e varias opcións de cor para adaptarse ás vosas aplicacións dixitais, coas creatividades que visibilizan os valores e o impacto das empresas cooperativas nas redes sociais baixo o lema Somos Coop, somos Top!, e co adhesivo que podedes colacar no voso centro de traballo.
[ LOGOTIPO ] SOMOS COOP
Identifícate como cooperativa nas túas accións promocionais e publicitarias
♦ Descrición dos logotipos Somos Coop: neste enlace
♦ Descarga os formatos: Somos Coop 2024
Onde podo aplicar o logo dixital?: na web da túa cooperativa, no voso roll up corporativo, na placa da porta, no coche de empresa, na roupa de traballo, no newsletter, etc.
Imaxe: Alén S. Coop. Galega.
[ CREATIVIDADES ] SOMOS COOP, SOMOS TOP!
♦ Creatividades Somos Coop somos Top!: neste enlace
♦ Descarga os formatos aquí: Somos Coop, somos Top!
Podes sumarte e compartir nas túas redes sociais as creatividades de Somos Coop, somos Top!, que visibilizan o impacto das cooperativas a través dos seus valores e principios de actuación no mundo da empresa.
[ ADHESIVO ] SOMOS COOP
Identifícate como cooperativa no teu centro de traballo
Podes recoller o adhesivo Somos Coop nas sedes de EspazoCoop para colocalo na túa cooperativa, e mesmo presumir coas túas fotos nas redes sociais co hashtag #somoscoopsomostop
Imaxe: Coma Comunicación S. Coop. Galega.
Visibiliza o movemento cooperativo! e presume de cooperativa
Somos Coop é unha iniciativa da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, no marco das actuacións da Rede Eusumo da Xunta de Galicia. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración para impulsar o cooperativismo e a economía social en Galicia.
A campaña, promovida por EspazoCoop, foi realizada con O Cable Inglés S. Coop. Galega.
—
Nova relacionada: