A Unión de Cooperativas EspazoCoop xa seleccionou os proxectos de economía social que serán beneficiarios da ACELERADORA coordinada pola Unión no marco do Proxecto LACES (Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e empresas de Economía Social)

Despois da celebración da xornada ‘Avaliación de Proxectos de Economía Social’, o 20 de novembro, no que se presentaban os proxectos admitidos á convocatoria da ACELERADORA, o xurado formado por persoal de AESGAL (como socia de proxecto) e ESPAZO COOP, seleccionou as entidades en base aos criterios recollidos nas bases, valorando o seu nivel en aspectos como o grao de innovación, de aceleración, de financiamento e investimento, e tamén as potencialidades do equipo de persoas que conforman o proxecto.

O xurado acordou por unanimidade que estas serán as organizacións e proxectos que participarán na Aceleradora:

  1. A FACTORÍA s. coop. galega | Restauración, reciclaxe e renovación de mobiliario, decoración e complementos
  2. SOLUCIONES SIAUTO s. coop. galega | Asesoramento xurídico e xestión de reclamacións de sinistros para talleres de chapa e pintura de automóbiles
  3. XEDEGA s. coop. galega e ALGALIA s. coop. galega | Servizos de asesoramento e consultoría no ámbito na economía social
  4. METRÓPOLIS s. coop. galega | Mercadotecnica dixital
  5. ABELURIA s. coop. galega | Consultoría en economía social
  6. CAIXA VIRTUAL DE TROCO – proxecto | pre-cooperativa de servizos de intercambio de produtos e servizos (sen diñeiro), a través dunha ferramenta informática acaída.
  7. TEIXUGO s. coop. galega | Servizos medioambientais

As iniciativas serán acelerables en cuestións variadas, como son os ámbitos de finanzas, organización, comercial, áreas comunicativas, marcas, planificación estratéxica, viabilidade de prestación de novos servizos, viabilidade cooperativa, etc.

Na xornada de avaliación realizada en Pontevedra o 20 de novembro tamén participaron os proxectos das cooperativas Cal3 Fotografía e Fabspace, e o da pre-cooperativa Artenda. 

 

 

A ACELERADORA é un servizo que prestará a Unión de Cooperativas EspazoCoop para dar soporte na maduración, acceso a financiamento, e posta en marcha de proxectos de economía social innovadores, acelerables, e susceptibles de investimento financeiro, orientado a proxectos en fase de lanzamento ou de expansión da súa actividade, e no marco do proxecto LACES – Interreg V A Poctep 2014-2020, de acordo coas Bases da Convocatoria desta actividade, publicadas o pasado 11 de outubro de 2018 enlace aquí.  Folleto Aceleradora aquí

Proxecto cofinanciado por FEDER a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 | www.laceseconomiasocial.com | LABORATORIOS DE APOIO Á CREACIÓN DE EMPREGO E EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL (LACES)