Resoltas as axudas á Economía Social do Concello de Santiago, o 78% das entidades beneficiarias son cooperativas da Unión
Un total de 27 entidades resultaron beneficiarias das axudas do Concello de Santiago destinadas a apoiar a empresas de economía social, unha convocatoria que vén de ser resolta pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e á que se destinou un orzamento de 120.000 euros. Estas subvencións queren contribuir á consolidación do tecido empresarial do municipio, poñendo o foco no importante ecosistema da economía social co que conta Santiago.
Dende a Concellería de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, co anuncio da resolución, destacaron a súa aposta por políticas municipais que fomenten a economía social, atendendo ás recomendacións da Axenda Urbana 2030, e polo afianzamento dun modelo que promova valores de cooperación, solidariedade e inclusión social e que, ao tempo xere empregos e riqueza, e contribúa a mellorar a calidade de vida da xente.
Incidencia política de EspazoCoop no impulso de axudas para o cooperativismo
Resoltas as axudas a empresas da Economía Social do Concello de Santiago, o 78% das entidades beneficiarias son cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Cabe suliñar o traballo de representación e incidencia política realizado por EspazoCoop nas políticas municipais de fomento da economía social, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, e en concreto, para esta convocatoria de axudas a través da presidenta Ana Olveira como membro do Consello Económico e Social do Concello (para a elaboración do texto da convocatoria e as súas melloras).
Ademais, realizouse dende a Unión un importante labor de difusión das axudas entre as cooperativas para aproveitar os recursos existentes.
O labor de incidencia política de EspazoCoop favorece por tanto o ecosistema do tecido da economía social, especialmente o cooperativo, de Santiago de Compostela.
—
Saber máis: nova na web do Concello de Santiago, das entidades beneficiarias das axudas, neste enlace
Nova relacionada: Axudas do Concello de Santiago 2024, neste enlace
—
Leave A Comment