Publicouse a relación provisional dos Premios á Cooperacion 2014, consonte o previsto nas bases de convocatoria. Destacar que as cooperativas de traballo, que forman parte de Ugacota, O Canto da Balea e Cine y Documental comparten a proposta do Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo.

 

Proposta de premio aos valores cooperativos:
Amegrove, Sociedade Cooperativa Galega

Proposta de premio ao mellor proxecto cooperativo (compartido)
O canto da balea, Sociedade Cooperativa Galega
Cooperativa de cine y documental, Sociedade Cooperativa Galega

Proposta de premio á promoción do cooperativismo
Santa María do Val, Sociedade Cooperativa Galega

Os Premios á Cooperación son convocados pola Consellería de Traballo e Benestar, e serán entregados nos actos do Día do Cooperativismo 2014 o sábado 5 de xullo de 2014, no Centro Ágora de A Coruña.