A nova unión de cooperativas Espazocoop participará no próximo ano 2017 no proxecto POISES-CRECES de Coceta, cun orzamento comprometido de máis de oitenta e cinco mil euros en Galicia.
Obxetivos que se queren alcanzar co proxecto en Galicia
- Crear e impulsar desde a organización representativa do cooperativismo en Galicia novas empresas de Economía Social, incrementando o nº de empregos na economía social.
- Traballar na mellora e consolidación das cooperativas ao mesmo tempo que profesionalizar as súas xerencias.
- Difundir a transformación e transmisión empresarial a través de cooperativas de traballo como medios idóneos para salvar empregos, e manter tecido empresarial no ámbito local.
- Traballar, especialmente durante o primeiro semestre de 2017, na potenciación das colaboracións público-privadas na Comunidade Autónoma de Galicia, a través da negociación cos departamentos competentes da administración pública e mediante o establecemento de convenios con universidades, escolas universitarias e de negocios e as Cámaras de Comercio, entre outras entidades.
- Mellorar o coñecemento e o recoñecemento social sobre as cooperativas de traballo e, con elo, dinamizar a súa creación.
Actuacións que vai a levar a cabo o Proxecto CRECES, en Galicia
1. Asesoramento para a creación de empresas e de empregos.
2. Actividades de sensibilización.
– Pequenos seminarios informativos e talleres de sensibilización.
– Edición dun material de apoio para a creación de empresas cooperativas de traballo de referencia para utilizar no ámbito do proxecto CRECES. Neste marco tamén vaise a editar un material específico dirixido a incrementar a transmisión de empresas baixo a forma cooperativa de traballo ou empresa de economía social.
3. Mellora e consolidación do tecido empresarial da economía social.
Traballar na mellora e consolidación das cooperativas ao tempo que profesionalizar as súas xerencias, tanto internas como externas, para así posibilitar distintas opcións de continuidade.
4.- Colaboracións público-privadas para potenciar o cooperativismo de traballo e a economía social.
Seguir establecendo e desenvolvendo alianzas con entidades que participen dos seus principios de actuación e os seus valores, traballando máis en cercanía con concellos e entidades locais, por considerar que a cooperativa de traballo é fundamentalmente local e que, a súa contribución ao desenvolvemento do municipio no que se ubica, é fonte de creación de riqueza e de cohesión social.