A CEC, pon en marcha a fase final do proxecto de Prevención de Trastornos Músculo Esqueléticos que desenvolveu este ano con fondos da Xunta de Galicia no marco das axudas para o fomento da PRL na nosa comunidade.
Organizan 4 seminarios prácticos sobre prevención de trastornos músculo esqueléticos e unha xornada para a presentación do estudo que realizamos para a avaliación biomecánica dos TME no sector distribución de alimentos.
As distintas actuacións, lévanse a cabo grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, no marco das axudas para o fomento da PRL do ano 2014.
Prevención TME | Sector distribución de alimentos
Outubro 2014
CEC | Praza Luis Seoane nº 11 – A Coruña
Martes 28/10/14 : Seminarios Prevención Trastornos Músculo Esqueléticos. Dous seminarios, un en horario de mañá e outro en horario de tarde.
Mércores 29/10/14 : Seminario Prevención Trastornos Músculo Esqueléticos. En horario de mañá.
Xoves 30/10/14 : Xornada de Presentación Avaliación TME no sector de distribución de alimentos, en horario de mañá. E Seminario Prevención Trastornos Músculo Esqueléticos, en horario de tarde.
A inscrición é gratuíta, está dirixido a traballadores/as por conta allea, propia e desempregados/as, e as prazas son limitadas.
Fai clic: PROGRAMA E INSCRICIÓNS – TME_CEC_2014