Os días 14 e 15 de novembro celébrase a Feira Ecolóxica de Arzúa, que xestiona a cooperativa CULTURACTIVA, e que conta cunha programación para impulsar o respecto da contorna e dunha vida en sintonía con ela. Un proxecto que mantén o seu compromiso pola ecoloxía, a produción natural e a innovación. Sendo ademais, unha iniciativa que xunta, tanto un festival de artes e cultura, como unha feira pola biodiversidade en Galicia, na que, un ano máis, contarase con presenza de cooperativas a través dos sus expositores.
Nesta edición nº 12 da Feira participarán as socias de UGACOTA :
- Árbore da Vida Celta S. Coop. Galega
- Bico de Grao S. Coop. Galega
- Cestola na Cachola S. Coop. Galega
- Trespés S. Coop. Galega
- Milhulloa S. Coop. Galega
Entre outras cooperativas, organizacións, e iniciativas.
Ademais, durante a fin de semana da Feira Ecolóxica, no Recinto Feiral Terra do Queixo a programación completarase con actividades paralelas como obradoiros, mostras e exhibicións de produción natural, conferencias e actuacións teatrais e musicais.
O sector verde poderá amosar novamente o seu pulo e a súa constante evolución nestes anos nos que a concienciación sobre un novo xeito de entender o vínculo entre produción e sustentabilidade non parou de medrar e asentarse na nosa sociedade.
Máis información:
Manuel López
981582836 – 650267365
ORGANIZA : Concello de Arzúa. XESTIONA : Culturactiva s. coop. galega