O Cable Inglés dará conta do nacemento da: rede de traballo GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA que van a presentar o mércores 23 de setembro dentro das XORNADAS DE EMPRENDEMENTO do PONT-UP STORE, ás 16:30 estarán na Casa das Campás de Pontevedra.
Trátase dunha rede de traballo para as empresas de economía social galegas (cooperativas, cooperativas sen ánimo de lucro e sociedades laborais) que axude a coñecerse, intercooperar, compartir servizos, experiencias, ideas e proxectos; e tamén para saír fora de Galicia, formarse, solicitar axudas…, e facelo sempre desde a perspectiva da creatividade, entendida no seu sentido máis amplo e aplicada a calquera sector, co fin de converter GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA nun verdadeiro motor de innovación social.
Fai clic: Difusión da Presentación da rede de traballo
Contacto: Marián Fernández / Tel. 650 579 208 – marian@ocableingles.com