PRESENTACIÓN DO FORO DA ECONOMÍA SOCIAL GALEGA NA FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
9 DE MAIO DE 2018. 12 H. SALÓN DE GRAOS
Organiza: Cecoop – Centro de Estudios Cooperativos
O Foro da Economía Social Galega, presentouse o 13 de marzo de 2018 en Santiago de Compostela. Está constituída pola Unión de Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga). Estas entidades representan a 371 organizacións, cun volume de ingresos de 1.616,5 millóns de euros anuais e 9.276 empregos directos.
O Foro ten por obxetivos dar visibilidade á economía social ante a sociedade e os principais axentes económicos, representando os seus intereses ante as diferentes institucións políticas, económicas e sociais, e xerando as condicións adecuadas para o desenvolvemento das súas entidades a través da intercooperación e o acceso aos procesos de contratación públicos.
Programa do acto, mércores 9 de Maio:
– Benvida a cargo da Decana da Facultade de CC Económicas e empresarias da Universidade Santiago de Compostela: Mª Emilia Vázquez Rozas
Intervencións:
– Maite Cancelo Márquez. Directora do Centro de Estudios cooperativos (Cecoop). A implicación do CECOOP na divulgación das actividades da economía social, entre os estudantes e demais membros da USC
– Celso Gándara Carnero. Portavoz do Foro pola Economía Social Galega e presidente da Unión de Cooperativas Espazocoop, presentará o Foro pola Economía Social Galega.
– Covadonga Toca Carús. Secretaria Xeral de Emprego da Consellería de economía, Emprego e Industria.
– Representante do Reitorado, peche do acto.
Preme aquí para consultar o : Documento de presentación do acto do 09.05.18 – Cecoop