Seminario formativo:

Potencialidades da economía social e do cooperativismo
como xeradores de emprego de calidade

do 27 de novembro ao 18 de decembro de 2017, A Coruña

 

 

 

 

O CONCELLO DA CORUÑA, con quen mantemos un convenio de colaboración, promove este seminario ao redor do potencial do cooperativismo e da economía social para ser motor na xeración de emprego de calidade.

Esta actividade formativa de carácter gratuíta, está organizada e impartida por ESPAZOCOOP, ten unha duración de 20 horas e se celebrará en horario matinal no Centro Municipal ACCEDE Papagaio.

A quen está dirixido?

Esta formación esta dirixida ao persoal técnico que desenvolve o seu traballo en entidades especializadas nos ámbitos da inserción laboral e o fomento do emprego en A Coruña.

Que obxetivos queremos axudarte a alcanzar?

– Coñecer as posibilidades que ofrecen as fórmulas de economía social para a xeración de emprego.
– Descubrir o modelo cooperativo como unha alternativa real de autoemprego colectivo.
– Analizar as vantaxes e inconvenientes do modelo cooperativo en relación con outras alternativas de emprego e autoemprego.
– Contar con claves para o acompañamento exitoso aos grupos promotores de proxectos.
– Afondar nas características e especificidades da fórmula cooperativa na viabilidade, constitución e posta en marcha: aspectos laborais, fiscais, organizativos e de xestión.
– Contar con modelos e ferramentas que faciliten o asesoramento e a dinamización en cooperativismo.

Fai clic, para consultar o programa e realizar a túa inscrición

PROGRAMA e INSCRICIÓN