Desde o grupo de cooperativas que integran O TENDAL queren poñer á vosa disposición algúns dos servizos que se poden financiar a través das Subvencións para o Fomento da Economía social publicadas pola Consellería de Economía Emprego e Industria no DOG do pasado 27 de xullo, dentro do Programa VI: intercooperación e integración empresarial.
Por medio deste programa impúlsanse as actividades de intercooperación, realizadas de forma conxunta por entidades de economía social, especialmente os procesos de integración empresarial co fin de acadar a dimensión necesaria para mellorar a competitividade, capturar maior valor engadido e satisfacer adecuadamente as necesidades das persoas que forman a cooperativa ou sociedade laboral. Promóvese, así mesmo, o lanzamento de proxectos de colaboración empresarial para a consecución de obxectivos comúns relacionados coa investigación, desenvolvemento e innovación, coa loxística, comercialización e internacionalización, subvencionando parcialmente os gastos necesarios para a súa realización.
Estes son os servizos subvencionables que O TENDAL pode prestarvos:

Configuración de proxectos de integración e actividades de investigación, desenvolvemento e innovación: Asistencia externa para a xestión e dinamización dos equipos de traballo conxuntos.

Comercialización e internacionalización.
> Elaboración de proxectos de loxística, distribución conxunta de produtos, oferta integrada de servizos, tendas cooperativas, puntos de atención e outras fórmulas de venda e atención directa ao consumidor e usuario:
    >> Contratación de asistencia externa para a elaboración de proxectos técnicos e estudos de viabilidade.
>> Asistencia técnica para a xestión de tramitación de rexistros de marca e patentes conxuntas.
> Deseño e creación de instrumentos de comercio electrónico a través da internet, excluídos os gastos de mantemento.
> Deseño, tradución e produción de materiais promocionais tales como catálogos de produtos e servizos, materiais audiovisuais, folletos e similares, para a súa comercialización conxunta.
> Misións comerciais e presenza en feiras, mostras e congresos:
    >> Asistencia técnica para a organización de eventos e servizo de deseño e comunicación asociados.
Mais info:
DEPARTAMENTO COMERCIAL  O TENDAL
Asier Epelde  /  Tel. 639 938 241
info@otendal.es