O CES galego asiste ao Encontro en Valencia de representantes da economía social nos CES de España e Europa

 

O CES galego asiste ao Encontro en Valencia de representantes da economía social nos Consellos Económicos e Sociais de España e Europa. Como representante da economía social galega no CES de Galicia, participa Mar Pernas, técnica e responsable de relacións intitucionais en EspazoCoop, titular no CES galego, que asiste ao encontro celebrado o 8 de abril de 2025.

O Presidente do CES de España, Antón Costas, interveu no Encontro de Representantes da Economía Social nos Consellos Económicos e Sociais de España e Europa cunha conferencia sobre “O papel dos CES no diálogo coa sociedade civil organizada”.

O Encontro, celebrado en Valencia, foi inaugurado por Fernando Móner, Presidente do CES da Comunitat Valenciana, xunto a Emilio Sampedro, Presidente de CONCOVAL (Confederació Cooperatives CV), e no mesmo participaron representantes do Grupo de Organizacións da Sociedade Civil do Comité Económico e Social Europeo (CESE) para analizar a Contribución do CES europeo ao impulso da economía social.

Pola súa banda, o Conselleiro do CES de España Juan Antonio Pedreño, Presidente de CEPES e de Social Economy Europe (SEE), interveu cunha conferencia sobre “Reflexións ao redor da participación da economía social nos CES”.

Reuníronse membros de sete comités e o debate centrouse en buscar fórmulas para reforzar a visibilidade e o papel da economía social na construcción do diálogo social.

[O encontro, que estaba previsto que se realizara o pasado ano en Valencia, con motivo de ser a capital española da economía social 2024, trasladouse a este 2025, xa que fora suspendido pola DANA.]

Programa do Encontro > aquí