Por segundo ano consecutivo, a cooperativa O Cable Inglés colabora na celebración deste ciclo de concertos que permiten descubrir a maridaxe entre música e viño.

Bodegas Martín Códax presenta a II edición de “Os Xoves de Códax”, o ciclo de concertos que terá lugar na terraza-lounge da bodega.

A maridaxe entre o albariño e a música de artistas como Sés&Tito Calviño, Mercedes Peón ou Di Elas, serános protagonistas das postas de sol en Martín Códax.

 

Tras o éxito do pasado verán, Bodegas Martín Códax presenta a segunda edición de “Os Xoves de Códax”, un ciclo de oito concertos de artistas galegos de renome que permitirán aos asistentes descubrir novas formas de sentir e vivir os viños da bodega. Estas tardes de música e viño terán lugar os xoves de xullo e agosto na terraza de Bodegas Martín Códax a partires das 20.30 horas, cunha duración aproximada de unha hora.

A terraza-lounge das Bodegas Martín Códax atópase no outeiro de Burgáns, desde onde se divisa o Val do Salnés así coma a Ría de Arousa, un enclave privilexiado para gozar das postas de sol do verán.

Para poder asistir aos “Xoves de Códax” e tendo en conta que o aforo será limitado, é imprescindible reservar praza a través do correo comercial@martincodax.com, do teléfono 986526040 ou do Facebook da Bodega, deixando os datos persoais na aplicación correspondente.

Os asistentes, ademais da música destes artistas poderán gozar tamén dunha degustación dos viños de Martín Códax.

osxovesdecodax