Novidades lexislativas que afectan ás cooperativas

O 27 de Decembro de 2019 foi publicada no Diario Oficial de Galicia: a Lei de medidas fiscais e administrativas.

  • Esta Lei inclúe novidades lexislativas e información de interese que afecta ás cooperativas e ao cooperativismo.

 

  • Introduce medidas que foron impulsadas por iniciativa da Unión de Cooperativas EspazoCoop no traballo de representación que realiza no Consello Galego de Cooperativas (Cogaco), froito dalgunhas das demandas de cooperativas socias, e tamén da colaboración con entidades do Foro pola Economía Social Galega como Aeiga (Asociación de empresas de inserción de Galicia).

 

1| Réxime de Deduccións no tramo autonómico do IRPF

Na Lei de medidas fiscais e administrativas se inclúe un suposto de Deduccións no Imposto da Renda: deduccións por investimento en sociedades coopeativas de nova creación de dúas persoas socias.

«a) A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. O límite máximo de participación no capital social non se aplicará no caso de sociedades laborais ou cooperativas compostas unicamente por dúas persoas socias, mentres se manteña esta circunstancia.».

[Páxina 55249 e seguinte da Lei de medidas fiscais e administrativas publicada.]

2| Modificacións na Lei de Cooperativas de Galicia

Ademais a Lei inclúe dúas modificacións da Lei de Cooperativas de Galicia, relativas a convocatoria de asembleas e contratación de persoas con discapacidade (artigos 34 e 11o):

«1. A asemblea xeral será convocada sempre mediante un anuncio exposto publicamente no domicilio social da cooperativa e en cada un dos demais centros en que desenvolva a súa actividade.
Ademais, a convocatoria será notificada ás persoas socias, ben por carta ao seu domicilio ou ben a través de medios electrónicos, se así o establecen os estatutos ou a persoa socia manifesta a súa preferencia pola notificación practicada por medios electrónicos. Os estatutos poderán establecer, ademais, outras formas de publicidade para facilitar o seu coñecemento por todas as persoas socias.
A convocatoria farase pública cunha antelación mínima de quince días no suposto de asemblea ordinaria e dez días no de asemblea extraordinaria, e cun máximo de dous meses respecto da data da realización da asemblea xeral.».

Dous. A letra d) do número 1 do artigo 110 queda redactada como segue:

«d) O persoal traballador contratado en virtude de calquera disposición de fomento do emprego de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social.».

[ Páxinas 55338 e 55339 da Lei publicada.]

3| Material divulgativo das medidas e novidades de interese elaborado pola Rede Eusumo

Para facilitar o acceso e comprensión destas modificacións, a Rede Eusumo pon a disposición unha serie de materiais divulgativos nos que se recolle a información de especial interese. Se desexa acceder a este material, poderao facer a través da seguinte ligazón: Modificacións dos artigos 34 e 110 da Lei de Cooperativas de Galicia

Así mesmo, modificouse o réxime de deducións no tramo autonómico do IRPF por achegas a cooperativas e sociedades laborais, entre outras. Se o desexa pode consultar o material divulgativo sobre a  Deducción no Imposto da Renda, aquí.