Novas cooperativas socias!



Presentamos a un grupo de 7 cooperativas, novas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.

 

 

FIT SPORT


Fit Sport | Gimnasio.

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: neste enlace


DAS ARADAS


Das Aradas | Hospedaxe rural, albergue turístico. Realizan ademais actividades artísticas e de divulgación patrimonial e ambiental.

Guitiriz (Lugo) | Cooperativa de traballo asociado


KRACIA


Kracia realizan servizos de Marketing Dixital. Posicionan as empresas e as actividades económicas a través dun modelo de traballo audiovisual, innovador e persoalizado co cal afortalar a imaxe dos negocios e xerar máis actividade. Fan consultoría, creación de contidos, deseño web ou campañas online.

Boiro (A Coruña) | Cooperativa xuvenil | Web: neste enlace


50 PÉS CONSULTORA


50 Pés Consultora | Facilitación, acompañamento e formación a proxectos empresariais ou sociais, para axudar ao seu éxito, desenvolvemento e autonomía, incidindo en aspectos de relacións grupais, económicos e de xestión.
A perspectiva de xénero e feminista coa que aborda o traballo permite ampliar a visión e acción da súa clientela e seus proxectos, así como mellorar os resultados e satisfacción global.

Ponteceso (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado | Web: neste enlace


AGALTERRA


Agalterra | Ofrecen servizos de consultoría e asesoría ambiental a todo tipo de organizacións no que refire a residuos, solos, emisións e verteduras, así como estudos especializados de enxeñeiría ambiental.

Ourense | Cooperativa de traballo asociado | Web: neste enlace


INVEKIA


Invekia | Actividades tecnolóxicas para a transformación dixital dunha forma sostible e solidaria.
Realizan deseños e animacións 3D mediante técnicas de escaneado e modelado. Materializan os deseños mediante a impresión 3D, empregando materiais biodegradables e de orixe natural. Empregan a realidade virtual e
aumentada para crear experiencias inmersivas que acheguen un valor engadido ó ámbito educativo, comercial e do lecer.

Gondomar (Pontevedra) | Cooperativa xuvenil.


IDEARIA


Idearia Solucións | Idearia nace co obxetivo de mejorar os procesos industriais mediante o desenvolvemento de aplicacións software ad hoc. Non só desenvolven software, converten ideas en realidades mediante os recursos hardware e software necesarios que idean e desenvolven.

Aínda que os procesos non sexan industriais tamén poden contribuir con seus servizos (xa teñen axudado a salóns de peiteado, clínicas médicas, auditoras…)

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: neste enlace



 

Grazas a sumarte somos a maior rede de cooperativas en Galicia, fai click #SumaCoops

Que podemos facer por ti?, fai click Asóciate!