Rexenerando s. coop. galega, cooperativa socia da Unión, están impulsando unha nova formación en facilitación de grupos, que pode ser de interese para outras cooperativas socias e que está destinada a educadorxs, facilitadorxs, mediadorxs, entre outras máis.
Aquí tendes toda a información:
NOVA FORMACIÓN EN FACILITACIÓN
Continuamos coa oferta formativa, neste caso a través do obradoiro de traballo persoal para a transformación social Ei ti, sé ti! Celebrarase na fin de semana do 1 ao 3 de febreiro de 2019 en Compostela da man de Anna Pujol e César Fernández, do Instituto de Traballo de Procesos de Barcelona.
Trátase dun espazo vivencial no que facilitar que as persoas participantes amplien a súa consciencia sobre a propia identidade. Identificar e experimentar máis profundamente iso que nos fai ser nós mesmas permítenos sentirnos máis libres e achegar máis valor ás nosas vidas, aos nosos proxectos e ao mundo. Isto que non é doado no contexto social no que vivimos, é ademais, dalgún xeito, unha responsabilidade para a construción de sociedades máis xustas.
O obradoiro está destinado a educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, activistas sociais, animadores/as socioculturais e, en xeral, a calquera persoa interesada na transformación social.
Datas: do 1 ao 3 de febreiro de 2019
Horarios: venres: de 16 h a 20 h; sábado: de 10 h a 14 h e de 16 h a 19 h; domingo: de 10 h a 14 h.
Lugar: Compostela
Prezo: 195€
Inscricións: https://goo.gl/forms/curcpBJCfLj4Yau62
Máis información en: info@rexenerando.com ou os teléfonos 881 953 791 e 698 157 414.
Evento FB: https://www.facebook.com/events/275325259841893/
Nova web: https://rexenerando.com/cursos/
Olga Romasanta Iglesias | Rexenerando S. Coop. Galega
tlf.: (34) 698 15 74 14
olga@rexenerando.com