Un novo exemplo de intercooperación, de alianzas, e de colaboración entre empresas cooperativas co fin de levar adiante traballos en común complementándose para cubrir as ofertas, neste caso falamos de acceso a contratos públicos na administración pública galega.

As cooperativas socias Feitoría Verde e Maos anunciaron que son as adxudicatarias dun contrato público que ten por obxeto realizar o : Servizo para o estudo, análise, diagnostico, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2007-2013.

Maos e Feitoría conformaron unha UTE para acceder á convocatoria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e contan cun prazo de sete meses para executar este interesante proxecto na Reserva Da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Parabéns!.