IDECAR ELECTROMECÁNICA: un taller con descontos para socias de EspazoCoop
A Unión de Cooperativas como sabedes conta con cooperativas de diversos sectores, neste caso presentamos á cooperativa socia IDECAR ELECTROMECÁNICA, un Taller de automoción localizado en Vigo, na rúa Párroco José Otero nº 6, para situarnos, a escasos metros do Hospital de Fátima e da Vía Norte, así que céntrico aínda que afastado do tráfico da cidade. Son un taller multimarca de electricistas e mecánicos/as.
Cales son os seus servizos? Parten dunha ampla variedade :
- Mantemento.
- Diagnose.
- Reparacións de danos por colisión.
- Pulidos de faros.
- Cambios de neumáticos.
- Mecánica xeral.
- Controis de líquidos.
- Probas de batería.
- Entre outros máis!
O Taller emprendeu para dar o salto á cidade partindo da súa traxectoria e experiencia desenvolta en Ponteareas, están pois iniciando andaina na cidade de Vigo, polo que precisan darse a coñecer e captar nova clientela.
Na actualidade, ademais de ser un Taller Limpo, Seguro e Responsable ante a Covid19, teñen en marcha dúas ofertas interesantes para usuarias:
- Un Servizo de Recollida e Entrega a Domicilio do vehículo: AUTO A PORTA. Se non podes levar o teu coche ao taller Idecar recólleo e o entrega reparado, ou se o desexas lévancho á ITV.
- DESCONTOS para persoas das cooperativas socias de EspazoCoop
Destacar que Idecar Electromecánica distínguense pola adicación e a capacitación constante do equipo, entre o que se atopan mulleres, nun sector pouco afeito a contar con mulleres nos seus cadros de persoal e a practicar a igualdade de oportunidades, Idecar lévao a cabo. Tamén teñen como práctica nas súas dinámicas de traballo a honestidade, a transparencia coa clientela en cada un dos servizos que fan, e a eficiencia.
Non o dubides, visítalles, de Luns a Venres de 9 a 13.30 e de 15.30 a 20 horas en Párroco José Otero 6 (Vigo). Contacto: Iván de Idecar Electromecánica, chama ao teléfono 623 001 596 ou escribe no email: idecarelectromecanica@outlook.es
Apoiarás á Economía Cooperativa!! .
Páxina: Web Idecar | Redes: Facebook Idecar