A cita é en Córdoba do 26 ao 28 de abril,  un encontro de referencia que se realiza cada dous anos,  ao que xa están inscritas máis de setenta representantes da economía solidaria de tódalas comunidades, doutros países como Perú, Ecuador, Portugal ou Suecia, e personas interesadas a título particular.

IDEARIA toma maior importancia nesta época de crise, ao ser un altofalante de multitude de alternativas económicas que están construíndo en común unha economía coherente cos valores e dereitos de democracia, equidade, e ecoloxía.

Haberá obradoiros de autoxestión cooperativa , mercado social, finanzas éticas, comercialización xusta, grupos intelixentes (construcción colectiva de ideas), ou presentacións de 10 boas prácticas de economía solidaria, …

Ver PROGRAMA e INSCRICIÓNS