Coincidindo co inicio dun período de programación na Unión Europea, desde o 2014 ata o 2020, a Plataforma de ONG de Acción Social considerou oportuno publicar unha guía informativa sobre os novos programas europeos que poden resultar de interés para as organizacións sociais e o terceiro sector en xeral.

Desde hai anos, a Unión Europea ofrece oportunidades de participación e financiamento á cidadanía e organizacións europeas para a construcción dunha Europa mellor, e moitas entidades españolas desestimaron tradicionalmente o acceso a estos recursos europeos centralizados (xestionados desde a propia Comisión Europea en Bruxelas) por ter a percepción de que é algo demasiado complexo e inalcanzable. A difusión por parte das ONG que xa participaron en proxectos europeos e os recortes de financiamento publico que está sufrindo o terceiro sector no noso país nos últimos anos xeraron un creciente interese das ONG por coñecer e participar do financiamento europeo, que en xeral non sobrepasa o 8 % do total do financiamento das ONG de acción social nos últimos seis anos.

Pódese descargar a Guía do Financiamento Europeo para Programas Sociais 2014-2020 a través do seguinte enderezo na Rede:

Guía do Financiamento Europeo para Programas Sociais 2014-2020

Trátase dunha guía de interese tamén para distintas entidades do terceiro sector polo seu carácter orientativo e divulgativo.

 

Fonte da nova : web da Plataforma de ONG de Acción Social