Desde a Federación de Cooperativas Sinerxia organizan e invitan a participar no Foro :
Estratexias de intercooperación para as cooperativas de consumo galegas
Sábado 15 de noviembre, de 10.00 a 14.00 horas, en Santiago de Compostela (Centro Sociocultural de Fontiñas).
Destinatarias:
Principalmente representantes das cooperativas de consumo, aínda que tamén representantes doutras iniciativas neste ámbito que se organicen baixo fórmulas de economía social. Ao mesmo tempo dirixido a persoas do tecido das asociacións de cooperativas e outras entidades de economía social que poidan favorecer a consecución dos obxetivos.
Obxetivos:
– Fomentar estratexias de cooperación neste tipo de cooperativas.
– Mellorar a visibilidade e representatividade das cooperativas de consumo.
– Consolidar as mesmas a nivel empresarial.
– Organizar e implementar mercados dentro da economía social.
Contidos:
– Diagnose da intercooperación nas cooperativas de consumo galegas.
– Concreción de obxetivos neste ámbito 2015-16.
– Ferramentas e estratexias que favorezan estos procesos.
Más información: 986 89 65 26 – 673 524 748 (Federación de Cooperativas Sinerxia )
Esta actividade conta co patrocinio do IGAPE, a Consellaría de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.