En setembro Espazocoop retoma o curso FORMACIÓN COMERCIAL PARA FORTALECER ÁS COOPERATIVAS.
A unión celebra a próxima sesión o venres 8 de setembro en Santiago de Compostela, na que iniciamos o 2º bloque temático : Divulgación e posta en práctica de habilidades e ferrramentas operativas para a mellora dos procesos e estratexias de comercialización das cooperativas participantes.
Trátase dunha capacitación libre de custos para as cooperativas participantes que se desenvolve en modalidade presencial.
>> Neste curso contamos con persoal formador especializado e experimentado na área comercial:
– Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero ( Suma Importancia) : 12 de maio, 9 de xuño e 7 de xullo.
– Silvia Lobato Muriente (WEDU Sociedad&Educación): 8 e 29 de setembro.
>> O curso ten unha duración de 20 horas (distribuídas en 5 sesións e unha cita mensual)
>> Queremos traballar aspectos tanto da xestión como das habilidades no ámbito comercial das cooperativas.
>> Analizaremos e concretaremos as medidas necesarias no sistema comercial, e poremos en práctica competencias e ferramentas para levar a cabo as estratexias que contribuirán á mellora.
>> A actividade formativa desenvólvese en horario matinal, de 10 a 14 h.
>> Datas das sesións: 12 de maio, 9 de xuño, 7 de xullo, 8 de setembro e 29 de setembro de 2017.
>> Lugar de celebración: Santiago de Compostela – Centro da Rede Eusumo na Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca). Rúa Tomiño 22 entrechán.
As prazas son limitadas a un máximo de 20 participantes, con prioridade de asistencia das cooperativas asociadas, e pódese realizar a inscrición ao curso completo ou ben por sesións individuais.
PROGRAMA: Formación comercial para fortalecer ás cooperativas INSCRICIÓN: Aquí
[Esta actividade está no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2017.]