EXPOORDES – SALIMAT
Aberta a inscrición! a participar no Stand conxunto da economía social, ata 15/Marzo
Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria chéganos un convite para que as cooperativas socias interesadas en participar nas Feiras Expoordes e Salimat 2020 podan rexistrarse e formar parte do stand gratuíto ‘Economía Social de Galicia’.
“A consellería de Economía, Emprego e Industria convida a todas as empresas de economía social a participar nas feiras EXPOORDES 2020, que terá lugar os días 24, 25 e 26 de abril en Ordes (A Coruña) e SALIMAT 2020, que se desenvolverá entre os días 4 e 7 de xuño no recinto feiral de Silleda (Pontevedra).
Nestes eventos, as empresas e profesionais terán ocasión de promocionar os seus produtos e servizos, establecer relacións comerciais con clientes e provedores así como relacións de colaboración con outras entidades participantes, contribuíndo así a acadar unha economía social galega cada vez máis sólida e cohesionada.
Como xa é habitual, as participantes disporán dun espazo expositivo gratuíto dentro dun stand conxunto da ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA, e ademais, no caso de Salimat, organizaranse sesións de degustación dirixidas a profesionais e público en xeral. As empresas deberán dispoñer dos produtos para súa exposición e degustación, así como persoal para atención do stand durante os días que duren as feiras e para a presentación dos produtos nas sesións de degustación.
Para formar parte desta actividade, as entidades de economía social interesadas deberán enviar ao correo electrónico economiasocial.emprego@xunta.gal, antes do día 15 de marzo, facilitando os datos de contacto que se indican no documento deste enlace
Lembramos que para poder participar, a entidade deberá estar ao corrente nas súas obrigas rexistrais, en particular o depósito de contas no rexistro correspondente.
A Secretaria Xeral de Emprego | Covadonga Toca Carús”