O martes 22 de novembro ás 19.30 horas terá lugar a estrea do audiovisual Mareas Vermellas Galicia, realizado por Bioimaxe, Imagen Subacuática y Servicios Marinos, en colaboración con Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega, no Edificio Cambón (Rúa Palma 4 de Vigo), sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Galicia mira ao mar e vive co mar. Durante séculos, os nosos antepasados viron como as augas do mar se tinguían de cores vermellas ou acastañadas, atribuindo este fenómeno,as mareas vermellas, a distintas causas. Hoxe en día coñecemos que as causas da coloración, pero aínda hai confusión na cidadanía entre os fenómenos das mareas vermellas e as proliferacións de microalgas tóxicas.
O audiovisual Mareas Vermellas Galicia pretende dar a coñecer, por un lado, a naturaleza da coloración das augas mariñas e, por outro, os episodios de proliferación de microalgas tóxicas e a influencia que teñen no marisqueo e a acuicultura en Galicia, así como os sistemas de detección e control existentes na actualidade, que garanten a seguridade dos moluscos bivalvos que se consumen.
O proxecto está cofinanciado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Economía y Competitividad e inclúe, ademais da edición do documental, unha páxina web, e material divulgativo.
Información e consultas:
info@mareasvermellasgalicia.com
Tel: 638 85 66 74