EspazoCoop celebra as xornadas internas de planificación 2024
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrou os días 25 e 26 de xaneiro en Moaña as Xornadas Internas de Planificación Estratéxica que organiza a principios de cada ano e que permite facer balance, organizar o novo ciclo, e establecer as principais liñas de acción para o ano.
Os equipos do persoal técnico e o consello reitor de EspazoCoop realizan este encontro presencial durante dous días de traballo para programar actividades, definir programas, buscar estratexias de actuación, organizarse como equipo, marcarse obxetivos ou establecer presupostos, todo elo en sintonía co Plan Operativo Anual – POA – que se establece cada ano.
As Xornadas Internas de Planificación pretenden ser ademais un tempo para que os equipos de EspazoCoop podan intercambiar dunha maneira máis estreita reflexións, dificultades e necesidades, así como valorar o grao de cumprimento dos obxetivos marcados no pasado ano, compartindo espazos máis informais e de ocio, nesta ocasión as instalacións da cooperativa A Talangreira do Beque en Moaña acolleron estas xornadas de traballo interno, promovendo deste xeito espazos e cooperativas da base social de EspazoCoop.
A Planificación da Unión de Cooperativas EspazoCoop para este ano 2024 será completada o 2 de febreiro, día no que se celebra a Asemblea xeral extraordinaria coas cooperativas socias. Coa participación das asociadas, preténdese incorporar a súa visión, as achegas e as valoracións que xurdan. A asemblea celébrase na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, para contar con toda a información e inscribirse preme neste enlace.