Encontro de visibilización e intercooperación entre representantes do cooperativismo estatal e galego

[7 e 8 de Novembro de 2022]

A primeira actividade deste encontro será un acto aberto a todas as cooperativas que forman parte de EspazoCoop, unha etapa do Camiño francés a Santiago de Compostela con representantes de COCETA e a Unión.

 

 

No marco dos distintos actos da Capitalidade da Economía Social 2022 de Santiago de Compostela, os vindeiros luns 7 e martes 8 de novembro Galicia será escenario dun Encontro de visibilización e intercooperación entre representantes do cooperativismo de traballo asociado, estatal e galego, entre os que estarán Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, e Luis Miguel Jurado, Presidente de Coceta.

Ao longo destes días terán lugar diferentes xuntanzas con Administracións Públicas xunto coa celebración dun Consello Reitor da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (Coceta), contando coa presenza de representantes políticos de todas as entidades representativas do cooperativismo de traballo asociado do estado. 

A primeira actividade deste encontro será un acto aberto á todas as cooperativas que forman parte de EspazoCoop, unha etapa do Camiño francés a Santiago de Compostela que comezará no Monte do Gozo e rematará na Praza do Obradoiro coa chegada á Catedral no que participarán membros do Consello Reitor de Coceta e de EspazoCoop.

A axenda do luns continuará con diferentes xuntanzas con representantes políticos en Santiago de Compostela entre os que estarán a Conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza e o Alcalde  de Santiago de Compostela, Don Xosé A. Sánchez Bugallo.

O martes os actos institucionais trasladaranse á Coruña con encontros coa Alcaldesa da cidade, Inés Rey García, e o presidente da Deputación Provincial, Valentín González Formoso. Ademais, este día terá lugar no Pazo de Mariñán a celebración dun Consello Reitor da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (Coceta).