En setembro volve o ensino máis COOP!

EspazoCoop ofrece un programa gratuíto de fomento de cooperativismo en centros de ensino, realizado en colaboración co Concello da Coruña



Para fomentar o cooperativismo nos centros de ensino da Coruña, co obxetivo de dar a coñecer a idoneidade da fórmula cooperativa como vía de acceso ao emprego a través do emprendemento colectivo, a Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña colaboran un ano máis para programar e realizar actividades nos centros interesados.

EspazoCoop realizará as actividades  entre setembro e decembro de 2023, no caso de que os centros da Coruña estén interesados poden contactar coa Unión de Cooperativas, e de ser o caso, reservar e programar as actividades.

As propostas deste programa inclúen:

–    Charlas informativas “E ti, coñeces a fórmula?”, dirixidas ao alumnado de centros de ensino secundario e formación profesional da cidade da Coruña. Como novidade, nesta edición incorporamos a participación dunha persoa socia cooperativista en cada sesión, ben de xeito presencial ou a través de videoconferencia. A duración prevista desta actividade é de 90 a 120 minutos, dependendo da dispoñibilidade dos centros participantes.
Realizaremos 15 edicións en centros da Coruña.

Programa Charlas.

–    Ciclo de Táboas redondas: “Montar unha cooperativa é unha boa opción”, sesións de traballo onde persoas socias de cooperativas das familias profesionais vinculadas aos centros de ensino participantes presentan os seus proxectos e establecen un diálogo co alumnado participante para resolver as dúbidas e atender as consultas que se produzan. Unha persoa de Espazocoop dinamizará a táboa na que se achegará tamén información de interese relacionada co emprendemento cooperativo. Para as táboas redondas pénsase nunha duración de dúas horas que inclúe a presentación das cooperativas participantes e o espazo de diálogo coas asistentes. Realizaremos 4 edicións en centros da Coruña.

Programa Táboas Redondas.

–    Visitas “Coñece as cooperativas”, esta proposta quere dar a coñecer ao alumnado dos centros de ensino participantes no programa cooperativas da cidade da Coruña. Tomando como punto de partida o Centro de Empresas Accede Papagaio e visitando varias cooperativas na contorna. As visitas ás cooperativas teñen unha duración de dúas horas, contando os desprazamentos e unha breve visita a cada cooperativa participante.
Realizaremos 2 edicións en centros da Coruña.

Programa Visitas.

–    Escape Room “Desafío Cooperativo”, con esta proposta buscamos achegarnos ao alumnado dos centros de ensino cunha actividade baseada no xogo e que nos permita achegar un impacto positivo no coñecemento e xerar interese cara ao cooperativismo. O Escape Room desenvolverase nunha sesión de 2 horas no propio centro educativo.
Realizaremos 5 edicións en centros da Coruña.

Programa Escape Room.

Trátase dun programa gratuíto destinado a centros interesados en incluílo nas súas actividades educativas para ofrecerllo ao alumnado como complemento á súa formación curricular.

O ensino secundario é un dos ámbitos da nosa sociedade nos que compre incorporar programas sobre adquisición de competencias e aptitudes cooperativas emprendedoras contribuíndo a complementar a oferta educativa dos centros.

Estas actividades están no marco da Programa Economía Social A Coruña 2023 realizado pola Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración co Concello da Coruña, Folleto divulgativo neste enlace

SOLICITUDES E CONSULTAS

Inscrición ao programa Cooperativismo nos Centros de Ensino, fai clic neste enlace

Unión de Cooperativas EspazoCoop: patane@espazo.coop – 881 887 456