EN COOPERATIVA
Promovendo un emprendemento máis democrático no Ensino
“En Cooperativa” é un Itinerario para potenciar o emprendemento cooperativo en Centros de Ensino Secundario, de FP e Bacharelato de Galicia durante o curso 2022-2023.
Está conformado polas seguintes actividades:
- Taller En Cooperativa -9 horas- : Unha actividade formativa de corta duración onde coñecer e traballar
aspectos concretos do cooperativismo. - Plan de Empresa Cooperativo -10 horas-: Proceso de acompañamento a grupos promotores de proxectos pre-cooperativos, con orientación e asesoramento para a realización dun Plan de viabilidade.
Modalidade: Presencial e/ou Virtual.
“En Cooperativa” promove un proceso de iniciación, formación e acompañamento que favorece a creación de cooperativas -sistemas de emprendemento democráticos que dan acceso ao mundo laboral-.
O Ensino Secundario é un dos ámbitos da nosa sociedade nos que compre incorporar programas sobre adquisición de competencias e aptitudes cooperativas emprendedoras contribuíndo a complementar a oferta educativa dos centros.
As actividades son gratuítas para os centros participantes.
- Folleto informativo: neste enlace
- Solicitudes e consultas: Unión de Cooperativas EspazoCoop – patane@espazo.coop – 881 887 456
Trátase dun programa POISES (Programa operativo de inclusión social e economía social) financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) e convocado por CEPES (Confederación empresarial española para a economía social).
Cofinancia: