Economía Social A Coruña 2022

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña colaboran un ano máis para realizar un programa sobre Emprendemento Empresarial na Economía Social’ durante 2022. Esta colaboración ofrece actividades e servizos de apoio ao cooperativismo á cidadanía da Coruña.

 

Ambas entidades impulsan un programa con 4 liñas de acción que permiten dotar de servizos e actividades de Tele-Formación, Divulgación do Cooperativismo, Asesoramento e Acompañamento Especializado a cooperativas en funcionamento da área da Coruña, así como tamén a persoas que están pensando en Crear Empresas Cooperativas.

O Servizo presta soporte ás cooperativas para apoiar a súa evolución, superar crises e dificultades que poidan ter, detectar eivas, analizar e potenciar áreas da cooperativa, tratando de evitar a perda do emprego cooperativo da Coruña e contribuír a súa mellora empresarial.

 

As liñas de intervención do Programa “Emprendemento Empresarial na Economía Social” – A Coruña 2022

1| EspazoCoop acompaña

Asesoramentos e acompañamentos, tanto para cooperativas en funcionamento como para as persoas dos grupos promotores de novas cooperativas, con especial incidencia en empresas en crise, persoas autónomas para agrupar servizos, recursos, e investimentos.

Do mesmo xeito, favorecer a creación de cooperativas conformadas por colectivos con especiais dificultades de inserción ou que proveñan de empresas en crise e atopar así saídas de autoemprego colectivo que contribúan ao mantemento da actividade empresarial.

Un servizo de acompañamento activo durante todo o ano 2022.

2| Tele-formación cooperativa

Dous cursos de tele-formación en materia cooperativa dirixida a diversos colectivos interesados no modelo de empresa cooperativa e tamén a cooperativas en funcionamento. Realízanse na Aula Virtual de EspazoCoop, os seguintes cursos:

Asembleas e xuntanzas | Do 4 de abril ao 5 de maio | 40 horas | Programa

Ferramentas de financiamento ético e alternativo | Do 9 de marzo ao 1 de abril | 40 horas | Programa

3| Cooperativismo nos centros de ensino

Esta proposta de divulgación do cooperativismo no ensino da cidade da Coruña componse de charlas informativas e táboas redondas, dirixidas ao alumnado de secundaria e formación profesional.

  • Charlas “E ti, coñeces a fórmula?”.
  • Táboa redonda “Montar unha cooperativa é unha boa opción”, onde cooperativistas  presentan os seus proxectos profesionais e establecen un diálogo co alumnado.

As actividades nos centros de ensino realizaranse dende o 15 de setembro ao 31 de decembro 2022.


4| Xornada de fomento e intercooperación cooperativa

Unha xornada dirixida a poñer en valor e divulgar as empresas cooperativas. Contará con relatorios, mesas de experiencias, promoción de produtos e servizos de cooperativas da Coruña e un espazo `pitch elevator´ para presentar as cooperativas que asistan, e estará a aberta a todo o público interesado.

A xornada está prevista para o mes de decembro de 2022 na Coruña.


Folleto do Programa 2022: Folleto Economía Social Coruña 2022


CONTÁCTANOS para solicitar máis información, cita previa de atención, e demandar o Servizos do programa:

881 887 456 | info@espazo.coop | www.espazo.coop