Como cada ano, a Alianza Cooperativa Internacional presentou a súa mensaxe co gallo da celebración do Día Internacional do Cooperativismo, o sábado 6 de xullo de 2013.
O lema elixido para este ano é o seguinte:
“A empresa cooperativa mantense forte en tempos de crise”
O lema resulta aínda máis oportuno á luz da situación doutras formas empresariais confrontadas actualmente coas loitas económicas mundiais.
Descarga aquí a: Mensaxe da ACI no Día internacional do cooperativismo 2013
O Día do Cooperativismo Galego, baixo o lema “A empresa cooperativa avanza forte”, e coincidiendo coa conmemoración internacional que exalta en todo o mundo os valores e principios cooperativos, celebróuse tamén o 6 de xullo na cooperativa Feiraco en Pontemaceira (Ames, A Coruña). Entre outras actividades tivo lugar o acto de entrega dos Premios á Cooperación 2013.