Día Internacional da Muller

#8MCoop

Na práctica totalidade de institucións, organismos públicos, de asociacións, de organizacións en xeral, realizaranse actividades.

Na nosa liña de defensa e promoción da Igualdade de Xénero e do apoderamento da muller, polos Principios e Valores Cooperativos, facendo realidade o número 5 dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible, sumámonos á campaña da Confederación de Cooperativas Coceta na que estamos asociada, e que preparou, a través do Grupo de Traballo Confederal de Comunicación no que participamos un paquete de imaxes para redes sociais.

8 M COOP >> Dereitos. Traballo de calidade. Igualdade >> Somos Cooperativas.

-Portada e avatar para Twitter

-Post para Facebook

-Post para Instagram.

Deixamos as mesmas a dispor das cooperativas socias para utilizadas a partir do venres 4 de Marzo ás 12 horas, manténdoas cando menos durante a semana do 8 de Marzo.

Asemade, nas publicacións que se realicen, incluir o cancelo #8MCoop

#SomosCoop #SomosCooperativas 


IMAXES PARA TWITTER


IMAXE PARA FACEBOOK


IMAXE PARA INSTAGRAM