“Da Banca Armada á Banca Ética.
Dez claves para pasarse ás finanzas éticas.”

De Jordi Calvo Rufanges e Eduardo Aragón Ruiz

Dende a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop rebicimos esta guía con entusiasmo e celebramos a súa publicación.
>> COÑECE AS CLAVES PARA PASARTE ÁS FINANZAS ÉTICAS
Animámoste á lectura desta publicación na que se realiza unha análise do modelo económico como conformador de estructuras financeiras, empresariais, comerciais e laborais que determinan as sociedades e a vida das persoas de tal manera que por si mesmo xenera violencia
de diversas maneiras.
“Esta publicación pretende contribuir á mobilización social contra  as prácticas financieras que alimentan a industria da guerra.
Como persoas consumidoras, temos un gran poder de transformación social. Por elo, estas líñas ofrecen alternativas co fin de promover cambios nos hábitos de consumo de servizos bancarios e financeiros, tanto no plano individual como no colectivo.
Este libro divulgativo enmárcase no proxecto “Por unha institucións libres de Banca Armada: profundizando na sensibilización e a incidencia política na Comunitat Valenciana”, financiado pola Conselleria de Participació, Transparència, Cooperació i Qualitat Democrática de la Generalitat Valenciana, xestionado pola Fundació Novessendes e Setem Comunidade Valenciana, en colaboración co Centro Delàs de Estudos pola Paz.”
[A Unión participa dende hai máis dunha década da promoción das Finanzas Éticas, para o emprendemento cooperativo e para a consolidación das cooperativas, é socia promotora de Coop57 Galicia e Fiare Galiza, ten un convenio de colaboración con Arçs Cooperativa para asuntos de Seguros Éticos, e actualmente ofrece un Servizo de Asesoramento Financeiro en Finanzas Éticas e Cooperativas  gratuíto ata final de ano na cidade da Coruña (no ámbito dun convenio de colaboración co Concello da Coruña).]