A Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura da Universidade da Coruña organiza a segunda edición no ano 2014 do Curso Iniciativa Emprendedora. Proceso de Creación de Empresas. Esta iniciativa ten por obxecto ofrecer alternativas de emprego e desenvolver potencial creador do alumnado.

O curso está promovido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e será impartido pola Escola de Organización Industrial.

Destinatarios: alumnado de Grao, Mestrado, Doutoramento e titulados da UDC
Lugar de impartición: A Coruña – Centro Universitario de Riazor (CUR)
Duración do curso: 3 semanas ( do 13 ao 30 de outubro 2014).
Prazo de presentación de solicitude: ata o 9 de outubro de 2014.
Inscrición: sen cuota de inscrición. Premendo aquí.

Tamén organiza a primeira edición no Campus de Ferrol en novembro.

Máis información no seguinte enderezo web e en emprego.vedc@udc.es
EMPREGO UDC- SAPE

Telf.: 981167000 Ext: 2901,2903,2916,3616