A cooperativa Tagen Ata oferta este curso que inicia o próximo 15 de novembro, e que ten como obxectivo principal transmitir as competencias necesarias para desenvolver as tarefas de titorízación online. Deste xeito, adquiriranse as habilidades propias da teleformación e os coñecementos tecnolóxicos e pedagóxicos imprescindibles para enfrontarse á titorización do alumnado nas plataformas de e-learning.

Módulo 1. As competencias cara ao e-learning

Módulo 2. O deseño de accións formativas en modalidade e-learning

Módulo 3. O traballo co alumnado na plataforma de teleformación

Módulo 4. Avaliación dos diferentes elementos dun curso e-learning

Se tedes interese, pídelles presuposto. Só teñen 25 prazas! Tamén se pode facer con formación bonificada para as empresas.

TAGEN ATA
Mercedes Gómez Iglesias
604 007 435 – 881939142