Unha das novas cooperativas asociadas a UGACOTA, Simbiosis, S.Coop.Galega pon en marcha un curso de Manipulador de Alimentos.
Simbiosis, S. Coop. Galega está autorizada pola Consellería de Sanidade para impartir cursos de formación para manipuladores de alimentos e está inscrita no Rexistro de entidades de formación para a impartición de programas de formación en hixiene alimentaria co nº 501/GA. Imparten habitualmente un curso de formación ao mes na súa aula do Polígono de Pocomaco pero poden desplazarse para impartir a formación á sede das cooperativas que estean interesadas ou a outros centros e noutras datas a demanda.
Descarga: Programa