A Fundación Paco Candel ven de otorgar a COOP57 SCCL, cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios, o Memorial Francesc Candel 2012 no Ámbito Social, en consideración á traxectoria da gran proposta que significa a creación dunha liña de crédito cooperativa, que presta apoio ás iniciativas sociais e culturais que xurden da sociedade civil, especialmente nun momento crítico para as liñas tradicionais de financiamento e do propio movemento asociativo e cooperativo.
Celebrarase un acto de entrega de galardóns (no ámbito cultural, social e de comunicación) o martes 14 de maio de 2013 no Colexio de Periodistas de Cataluña ás 19 h.
COOP57 SCCL está composta polas diferentes seccións en Cataluña, Aragón, Andalucía, Madrid, e Galicia. A sección galega, da que UGACOTA forma parte, está formada nestes momentos con 28 socias de servizos (cooperativas, asociacións de cooperativas, ONGs, outras asociacións e colectivos sociais, …), e 126 socias colaboradoras. Anímate a coñecer este proxecto e a sumarte á súa proposta basada nas finanzas éticas.
galicia@coop57.coop